venres, 16 de xaneiro de 2015

Carta de Brenda a José Luis Alvite no día do seu pasamento.



 Querido José Luis:
 Escríboche a vinte e tantos anos de ti, cando xa pasaron máis de vinte anos daqueles cafés na  mesiña redonda de mármore, aquela dende a que se vía san Fiz de Solovio pola fiestra, na semioscuridade da sobremesa do inverno. Ti eras un home misterioso, envolto nunha nube de fume, que lía ou  escribía notas nun caderno, e eu una adolescente de quince anos, que curiosa revoloteaba ó teu redor, conversando de todo o meu pequeno mundo e de todas as miñas grandes inquedanzas. Eras un gran escoitador. Un xornalista tranquilo. Sabías facer a pregunta breve e agardar en longos silencios unha resposta que ás veces enfiaba outra e outra desfacendo un novelo infindo.  Así en conversas tarde a tarde fomos envolvendo unha extraña amizade, entre dous desiguais. Ocultabas a ollada detrás das gafas. O rostro barbado e os dedos amarelos do cigarro constante, xa parte de ti. Lémbraste? son a nena das monxas, aquela que che contaba os pormenores cotiás dun internado anacrónico, con quen sorrías descubrindo divertidas anécdotas, e con quen falabas de ti mesmo con poucas palabras e moita forza na mirada, aquela mirada que se desdibuxaba entre tabaco e algunha bágoa, un mínimo reflexo de nostalxia ou emoción, que nalgunhas ocasións se intuía.
 Despois fíxenme universitaria, empecei a vivir aventuras, outear o mundo novo que se abría para min, con fame de vida e de liberdade, e desaparecemos.
 Sete anos despois, sucedeu o reencontro. Era unha tarde de setembro do 2001, ás catro da tarde na redacción deserta dun xornal. O meu primeiro traballo. O meu primeiro día. Sentada soa agardando que chegara alguén, e ese alguén fuches ti. Sentáchesme  enfrente á túa mesa, e seguimos a nosa amizade, coma sempre. As nosas conversas entre o fume do tabaco. Un cigarro nos beizos, e un outro aceso no cinceiro.
 Partimos xuntos, e xuntos nos despediron os compañeiros. Despois daquela cea, os nosos camiños volveron separarse.
 
  Querido José Luis, grazas por aquela carta de cumpleanos que temerosa recibín en forma de artigo co nome da túa cantante favorita, Brenda Lee e que agora, próxima a data do meu aniversario,  rememoro con emoción. Velaí vai o texto sin censura, non como saiu publicado nun xornal compostelán.

 "CARTA DE CUMPLEAÑOS A UNA AMIGA"


 "Querida Cruz Concheiro:
Soy el tipo triste y soñador que se sienta a veintitantos años de tu mesa, mientras mira como posas sobre el lomo de “Chisco” el echarpe de tus manos. Me he enterado de que cumples dieciséis años y que pesaste casi cuatro quilos al nacer, que es lo que pesan los espeluznantes abuelos somalíes al morir; sé también que eres una chica de letras, y llevas en tus ojos la literaria tristeza de una de esas escasas mujeres que sólo se dan en los invernaderos de los poetas.
 Te he dejado un ramillete de letras en esta mesa, a veintitantos años de ti. ¡Mis manos han tocado tantas calamidades! podría escribirlas sobre la lápida de mis pulmones de cuarzo. Me fascina cuando miras al infinito con los ojos en falleba; es la mirada transparente por la que puedo leer una vida de folio y medio, y alegrarme de que haya gente así, y que en la mesita del café se siente una muchacha en cuyo aliento, se podría cosechar avena. Reconforta saber que, cuando uno sale de lodo, y sacude la mierda con la cabeza, encuentra mujeres que no cortan el pan con el clítoris."

 Volveremos a vernos no Savoy, coma sempre, na mesiña redonda de mármore, con un café e un cigarro, mentres Chisco pasa ledo ó noso carón para buscar esa caricia perdida.

 Ata sempre, José Luis,

 Brenda