Amosando publicacións coa etiqueta Casa da Finca Galea en Alfoz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Casa da Finca Galea en Alfoz. Amosar todas as publicacións

martes, 25 de maio de 2010

Esperando na ventá un soño de verán


Cando xa parecía que por fin se alonxaran os nebulosos días do inverno e o sol triunfante chegara como un veraneante máis, a tardiña chuviosa de onte e esta mañá fresca con charcos no chan, voltan a traer o repouso dos días invernais. Agardo a primavera detrás dunha fiestra. En palabras de Silvio Rodríguez: "como esperando abril".
Sempre me gustaron as rosas amarelas, a pesar da súa simboloxía negativa. Hoxe estou tan poética! Será que non durmín en toda a noite por mor dos pesadelos! Algún me dirá que non teño a conciencia tranquila...