Amosando publicacións coa etiqueta ghaivotas na praia de Malpica.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ghaivotas na praia de Malpica.. Amosar todas as publicacións

martes, 22 de xuño de 2010

As gaivotas


As compañeiras inevitables de todo residente costeiro son estas aves non sempre de fiar: sospeitosas sempre de achegarse máis da conta con intencións avesas. O seu nome en latín é "Larus ridibundus", apelativo este referente ó seu característico grallo, que lembra unha risa un pouco maléfica. En todas as linguas indoeuropeas achegadas a nos alúdese a esta acepción: en catalán chámase "gavina riallera", en francés "movette rieuse", en inglés "laughing gull", en alemán "lachmöwe", pero en galego é... "gaivota chorona": será que os galegos resaltamos con frecuencia o negativo? A verdade é que a min tampouco que parece que rían, quizais o fagan amargamente.