Amosando publicacións coa etiqueta Rochas no espigón de Foz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rochas no espigón de Foz. Amosar todas as publicacións

mércores, 30 de xuño de 2010

Nunca nos imos para sempre



Non me despido desta costa porque normalmente teño o costume de voltar. Penso que mentres estamos neste mundo sempre existe a ocasión de volverse a ver. De todos os xeitos, marcho contenta de coñecer tanta xente estupenda e de aprender moito da xeografía do país, que sempre é motivo para congratularse. Hoxe o mar está calmo. A travesía promete ser tranquila, e eu seguirei contando cousiñas de outros lugares, novas rotas, novos camiños, pero sempre coa mesma ilusión.