venres, 12 de marzo de 2010

De Fazouro a Nois pola beira do mar


A outra tarde fun coñecer un castro que está sobre as rochas , mesmo chegaban as gotiñas de auga salada ó muro do recinto, desde onde perdía a vista no azul do mar, baixo un ceo gris, na caída da tarde. Deixei o coche alí e fun camiñar ata o pequeno embarcadeiro que esta ó fondo da praia, xa en Nois, a 1.3 kms do castro, onde me contaron algúns da vila que noutros tempos paraban os baleeiros, cando aínda eses animais formaban parte da vida diaria dos vellos lobos de mar. Ia moito frío e levaba o rostro conxelado pola brisa do Norde, pero quedoume unha sensación moi apacible dese paseo. O castro ten xa influencia da romanización, e iso apréciase na forma cuadrada das pallozas, levemente redondeadas as esquinas, e co seu lar no centro. Esta comarca ten moitos tesouros ocultos que penso ir descubrindo día a día.

Ningún comentario:

Publicar un comentario