venres, 26 de febreiro de 2010

A calma que precede á tempestade?


Hoxe saiu o sol sobre o mar, mais esta calma con vento Sur só parece que preceda á gran borrasca-ciclón deste inverno. A pesar do mal tempo, onte á tardiña fun disfrutar de un "Shakespeare para ignorantes" que me fixo rir e olvidar a soedade desta costa esquecida. Por certo, a ignorancia é só unha falta de coñecemento, e como dixo Aristóteles, é un vaso baleiro que se pode encherde sabiduría; non como a necedade, que é xa un vaso cheo de pedras e lixo.

martes, 23 de febreiro de 2010

Santiago de noite






Era unha noite fría fría e o silencio fuxía das sombras cara as Platerías. Nunca quedastes ollando o recuncho da catedral onde conta a lenda que agarda o namorado frade á súa monxiña de San Paio? Ide a buscalo veredes que silandeira figura está cada noite dende hai centos de anos. Dareivos unha pista: na esquiniña está para confundirse nas tebras. Estades a velo?

venres, 12 de febreiro de 2010

Unha rubia con sombreiro no antroido de Foz

Hoxe a actividade na vila redúcese a ultimar os detalles que preceden ó estalo do carrus navalis, ou dito doutro xeito o antroido que tando parecen disfrutar os focenses. Eu son só unha espectadora desta festa na que todos teñen gana de rir e sair entre plumas e sombreiros de cores á rúa para esquecer que o frío segue entre nós e que a primavera tarda, como dicía Machado.
Verei qué acontece mañá.