xoves, 27 de marzo de 2014

Wislawa Szymborska. A irrepetible discreción


nADA DÚAS VECES     

Nada ocorre dúas veces
e nunca ocorrirá
  Nacemos sen experiencia
morreremos sen rutina.
Inda que foramos os alumnos
máis torpes na escola do mundo,
nunca máis repasaremos
ningún verán nin ningún inverno.
Ningún día se repite,

non hai dúas noites iguais,
dous bicos que deran o mesmo,
dúas miradas nos mesmos ollos.
Onte alguén pronunciaba
o teu nome na miña presenza,
sentín coma se, de súpeto, caera
unha rosa pola fiestra aberta.
Hoxe, cando estamos xuntos,
volvo o rostro cara o muro.
Rosa? Cómo é a rosa?
é flor? ou quizais pedra?
E por qué ti, mala hora,
te enredas nun medo inútil?
Existes, pois estás pasando,
pasarás, - por iso es fermosa.

Sorrintes, abrazados,
intentemos encontrarnos
inda que sexamos distintos
coma dúas gotas de auga"

" O poeta contemporáneo é escéptico e desconfía incluso- ou máis ben principalmente- de sí propio. Con desgana confesa públicamente que é poeta-como se se tratara de algo vergoñento. Neste tempo barulleiro, é máis fácil que admitamos os vicios propios, con tal de causar fortes efectos; móito máis difícil é recoñecer as virtudes, pois están escondidas máis profundametne, e ata un mesmo, non cree tanto nelas".

  Nesta tarde de marzal  apeteceume reler algún poema mentres agardo enchendo o tempo baleiro dun día fresco entre nubes. Escribo non lonxe do mar, tras dunha cristaleira, con xente falando de fondo e algunhas olladas perdidas, para compartir a palabra emotiva, sinxela e fonda da polaca Wislawa Szymborska, premio Nobel no 1996. Recollo parte do seu discurso de aceptación do premio, pois as súas palabras válenme de reflexión extrapolable á vida máis aló dos versos; cántas veces ocultamos o que temos de bo para evitar ser feridos. Cánta piedade se esconde nas almas que queda oculta na brétema do inconsciente!