xoves, 18 de marzo de 2010

Escoitando a Calamaro na praia de Llas

Onte pola tarde tiña ganas de escoitar a "El cantante", Andrés Calamaro en esencia, e fun ata a praia de Llas para repoñer forzas e disfrutar deste arxentino que sabe como cambiarme o ánimo ó seu antoxo: alegría, desengado, xenio, melancolía, enerxía... Coa súa voz rasposa e o seu estilo inconfundible fíxome regresar cun sorriso "canalla" e moitas máis ansias de comer o mundo. Aquí vos deixo un extracto do blog da xira deste pasado 09 onde fala do concerto máis alucinante ó que asistín nos últimos tempos. Para mín foi trepidante, dúas horas fantásticas nas que saltei sen parar, como unha adolescente.

Concierto en Santiago de Compostela (15 de octubre)

Nueve de Octubre. Tendría que revisar mis diarios de los últimos dos años para encontrar un concierto tan bueno como el de anoche. El Salmón, en su más lúcida y sentida expresión Cantó como nunca. En Santiago escuchamos a un Andrés tremendamente inspirado, fraseando con mucho detalle, articulando con mucho sentimiento cada palabra, cada silaba, cada susurro, poniendo sensibilidad y Arte en los mil significados de cada canción. Cantando como nunca.

Serían las meigas, o que Julieta y Charito estaban también sobre las tablas, o que la banda suena como nunca, o que los tequilas o el licor café o el marisco o lo que fuera puso sobre el escenario una inspiración especial. Tampoco faltó el sentido del humor cuando Andrés comentó que esperaba que esta noche no se terminaran las cervezas y que éstas fueran a gusto de todos.

Terminamos con Paloma y dejamos el escenario con el publico coreando un muy emotivo “A Rianxeira” considerado como un himno gallego, un poema musicado por Anxo Romero Loxo, en pleno ataque de morriña cuando emigró Buenos Aires en los años 40. “Ondiñas veñen, ondiñas veñen e van…

Viajar a Galicia es siempre una alegría. El casco antiguo de Santiago es uno mis lugares favoritos para pasear, ejercer de turista y comer el mejor pescado que sólo se puede degustar aquí para después terminar en alguna terraza con una buena novela (El mal de Montano) y seguir paseando lentamente hasta el hotel para rematar con una siesta bíblica.

Quizá el momento más divertido de una gira sea el camerino justo después del concierto. Después de la emoción de las canciones, de los nervios, de los aplausos, del miedo escénico, del esfuerzo y la concentración y la ovación; llegan los abrazos, las risas, los chupitos, los brindis, la satisfacción, el triunfo de las canciones sobre la vida. Los comentarios son cortos pero intensos. Andrés y Tito decián que Buenos Aires fue (tal vez lo siga siendo) la ciudad más poblada de Galicia.

martes, 16 de marzo de 2010

Polas rúa de Ovetus

"La heroica ciudad dormía la siesta"; así empeza unha das mellores novelas da literatura española e unha das miñas favoritas; sí, claro, La Regenta. Pois ó lado da estatua, na praza da catedral de Oviedo estiven o sábado. Encántame esta cidade, é unha marabilla para o paseo, para disfrutar das súas rúas, dos seus cafés. Sen presas, escoitando as badaladas do reloxo da praza da Escandalera, que cada hora parece recordarche que o tempo pasa, ainda que en Ovetus non o sintas. Boísimos os carbayones, e os bombóns de Peñalba. Ese Fontán con encanto doutro tempo e todo o tempo para mín. Voltarei en breve.

luns, 15 de marzo de 2010

Boto en falta a brisa olorosa do Atlántico

Estiven onte á beira do mar onde as ondas escachan contra as rochas e xa me convencín de que este mar do Norte galego non ule a mar! Apenas un leve aroma, e un frío cortante do Nordés, pero nada comparado co perfume da Costa da Morte, onde o Átlántico respira profundamente cando abraza os cantís de San Adrián do Mar. Teño ganas de empaparme dese cheiro a algas, sal e todas as ondas do océano. A outra extrañeza son esas gaivotas grandes, listas y orgullosas que voan dende as Illas Sisargas a Malpica para afirmar que elas governan ese mar.

venres, 12 de marzo de 2010

De Fazouro a Nois pola beira do mar


A outra tarde fun coñecer un castro que está sobre as rochas , mesmo chegaban as gotiñas de auga salada ó muro do recinto, desde onde perdía a vista no azul do mar, baixo un ceo gris, na caída da tarde. Deixei o coche alí e fun camiñar ata o pequeno embarcadeiro que esta ó fondo da praia, xa en Nois, a 1.3 kms do castro, onde me contaron algúns da vila que noutros tempos paraban os baleeiros, cando aínda eses animais formaban parte da vida diaria dos vellos lobos de mar. Ia moito frío e levaba o rostro conxelado pola brisa do Norde, pero quedoume unha sensación moi apacible dese paseo. O castro ten xa influencia da romanización, e iso apréciase na forma cuadrada das pallozas, levemente redondeadas as esquinas, e co seu lar no centro. Esta comarca ten moitos tesouros ocultos que penso ir descubrindo día a día.

martes, 9 de marzo de 2010

Un poema para unha mañá de marzo

Hoxe disfruto de este poema de Cunqueiro que se titula "Rondeau das señoras donas pintadas no ouso do Vilar, no século XIV, cheirando unha flor". Segue os tópicos clásicos do Tempus fugit e do francés "ou sont les neiges d'antain?"

LE VERSE

Ese vento de seda é o tempo que pasa.
¿Soñades a doce primavera de antano
nesa flor que reflexa o seu van no negro pozo dos vosos ollos?
Le temps s'en va!
(...)

¡Ese enorme silencio cristalino e dourado!
Se vós agora falardes, miñas donas amigas,
¿a vosa voz enchería, como unha fonte de auga, o vaso do silencio?
Le temps s'en va!

Ei!, donas do Vilar! Erguede os finos rostros e sorride,
que andan galáns de corte con saudades de vós!
Agás que prefirades velos morrer de amor.
Le temps s'en va.
Le temps s'en va,
mes dames.



xoves, 4 de marzo de 2010

O banquete do rico Epulón e o pobre Lázaro

A beleza dos capiteis da basílica de San Martiño é incríble: aquí está o único capitel do románico galego que representa esta escea na que aparece unha mesa con un espléndido banquete animado por músicos e onde un pobre pide axuda pero só un canciño lle lambe as feridas. Estou entusiasmada con esta igrexa chea de pequenos e grandes detalles que enchen de arte os meu días en Foz.

San Martiño Mindoniense, románico fascinante


Hoxe irei por terceira vez á igrexa de San Martiño, a 5 kms de Foz, adentrándose na parte máis rural deste concello marítimo atopamos unha das mellores mostras do románico galego, e a primeira de Galicia con tres naves e tres capelas que se abren no cruceiro. Foi sede episcopal desde 870 ata o 1112, e por aquí estivo San Rosendo, o bispo fundador do mosteiro de Celanova e arcebispo de Santiago. A orixe desta arquitectura sorprendente está no século IX, cando San Martiño de Dumio, se veu obligado a fuxir debido ás invasións árabes na zona de Portugal. Fernando III fíxolle entrega destes territorios para instalarse. Pero tivo unha existencia azarosa de man en man e á morte do bispo Gonzalo, a raíña Urraca, no 1112 traslada a sé a Mondoñedo.
Aquí tamén xacen os restos do "Bispo Santo", San Gonzalo, (Gundisalvo), nun sartego visigótico, pechado con tres chaves. A lenda di que San Gonzalo guiou ó pobo de Foz cara o monte cando se achegaban os normandos e mentres subían el oraba, e en cada oración afundíase un barco, só deixou dous para que foran contar o suceso. En maio celébrase a famosa "festa do santo" que reúne á xuventude focense no monte do santo durante varios días de celebración desenfrenada.
Hoxe achegareime alí cunha especialista de Historia para volver a disfrutar dos magníficos capiteles e dos frescos que inda se poden apreciar.