martes, 26 de xaneiro de 2010

o ceo gris no cantábrico

Un horizonte gris e tranquilo, e todo o tempo para pensar.
Aquí comeza esta andaina, que me trouxo ó Norte nun día de xaneiro dende a miña ribeira do Tambre, onde regreso a cada pouco para lavar no río os meus pes cansos, e continuar o camiño. Unha pouca soedade e certa abulia fixo deste retiro un agasallo de inverno. Así decidín embarcarme e compartir con vos este meu veleiro virtual.
Comezamos a nosa viaxe solitaria embarcando no porto de Foz nunha tarde anubrada, coma case todas, mais esta ruta ha de nos levar polos camiños de auga e terra de Galicia, por recantos sentimentais, música,
pensamentos e paisaxes.
Benvidos a bordo!

xoves, 21 de xaneiro de 2010

Ruta pola costa focense

Saíndo da praia da Rapadoira, bordeando os cantís, chégase á praia de Llas. Está a uns 2.5 kms. de distancia e a paisaxe merece o camiño.

mércores, 20 de xaneiro de 2010

rutas galegas

Primeiros de ano. 2010 e comezamos unha nova aventura educativa na Mariña lucense: Foz. Unha paisaxe marítima e unha vila de amenceres.