martes, 15 de marzo de 2011

Paseo dos namorados en Sargadelos



Non sei se é que chove porque escribo no blogue, ou se cada vez que chove, me inspiro e me sento a escribir. Hoxe chove a Dios dar. O caso é que, revisando algunhas fotos do ano pasado, atopei esta do río Xunco, aló en Cervo, na Mariña de Lugo e lembrei os fantásticos paseos que daba pola comarca. Disfrutei de paisaxes coma esta do río, cando remata o "Paseo dos namorados" e a natureza é máis agreste. A pesar do "romántico" do termo, é un breve paseo a rentes da auga seguindo a canle que o guía ata a vella fábrica de cerámica de Sargadelos. O lugar é fermoso, e convida ó descanso e á evasión. Teño ganas de voltar.