martes, 26 de xaneiro de 2010

o ceo gris no cantábrico

Un horizonte gris e tranquilo, e todo o tempo para pensar.
Aquí comeza esta andaina, que me trouxo ó Norte nun día de xaneiro dende a miña ribeira do Tambre, onde regreso a cada pouco para lavar no río os meus pes cansos, e continuar o camiño. Unha pouca soedade e certa abulia fixo deste retiro un agasallo de inverno. Así decidín embarcarme e compartir con vos este meu veleiro virtual.
Comezamos a nosa viaxe solitaria embarcando no porto de Foz nunha tarde anubrada, coma case todas, mais esta ruta ha de nos levar polos camiños de auga e terra de Galicia, por recantos sentimentais, música,
pensamentos e paisaxes.
Benvidos a bordo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario