venres, 20 de agosto de 2010

Hoxe todo vai máis lento

Espertei moi cedo e estiven agardando que houbese algún ruído na casa para levantarme e darme unha ducha. Onte disfrutei dunha xornada de praia nas Rías Altas, e moito cotilleo con unhas amigas que xa case facía un ano que non vía. Estiven realmente ben, tranquila e feliz, repasando a miña vida nos últimos dez meses e recoñezo que non me poido queixar, e que non debo perder o meu espírito optimista e ás veces iluso que sempre tiven. Mañá casa outra amiga da infancia, e síntome alegre por ver como se van cumprindo os soños da xente. Eu tamén soño, ainda que o faga esperta. Bó día a todos!

1 comentario:

  1. dios!
    cruz ti non cases! que ós 3 meses despois da boda hay crisis! jajaja
    non paras quieta cruz,dun lado para outro todo o dia,aproveita que xa pouco vas poder viaxar ata o veran seguinte!
    un beso!


    Pd: son Adan

    ResponderEliminar