xoves, 17 de febreiro de 2011

Extraño Compostela



Cando chove, e estes días chove de veras, extraño Compostela, máis que ningún outro lugar no mundo. A choiva na pedra das rúas sona distinto. De natural é unha choiva gris que canta ó caer. As tuberías que desaugan con forza, os pequenos saltos sobre as baldosas para non encher de humidade o calzado e a breve carreira entre soportal e soportal, fan que chover sexa un interesante estado de graza na cidade. oh! tempora oh! mores... volverá algún día o tempo no que fun feliz na explosión inocente da incipiente xuventude?

1 comentario:

  1. Xa choveu (hahaha) dende a última vez que visitara o teu caderno de bitácora...

    A verdade é que levamos uns días de auga que incitan a calquera cousa menos a facer deporte. Santiago ten algo especial, é certo, xa tiña gañas de volver aquí, á que considero a miña segunda casa. Dende que saín por primeira vez da miña Turquía natal só vivín en cinco cidades, e curiosamente Compostela é a que máis me deixou marcado. Non sei se terá que ver tamén con esa felicidade da "explosión inocente da incipiente xuventude", pero o certo é que esta aldea ten un encanto e un karaoke (en realidade ten dous karaokes, pero un deles parece máis ben un lupanar que outra cousa).

    Cando morra vou doar todos os meus órganos e co resto do meu corpo que fagan croquetas.

    Croque estou volvéndome tolo...I am Ziltoid The Omniscient

    ResponderEliminar