A horta da Casa do Escribano. Un vello cantar na aldea dicía en ton xocoso: "dónde se crían los repollos castellanos? En la Calle de Poulo, en la huerta del Escribano", así era coñecida a casa grande que estaba a rentes da outra, camiño de por medio.
Pois nesta casiña da foto pernoctou o gran Austria Felipe II, na súa viaxe de 1554, e así o di a pedra sita á esquerda da porta: EN STA CASA POSO EL REI D PHELIPE II AZS DE ANNO DE 1554. Existe a versión que relata a saída do rei dende o porto da Coruña, para casar con María Estuardo e a conseguinte parada neste lugar.
Xusto sobre o dintel aparece o escudo que serviu de modelo ó do concello ordense. Nel vese un castelo con torre sobreposta e tres flores de lis. Ademáis vai timbrado con coroa real. Parece ser que o castelo e as tres flores de lis aludiría ós Araújo, (segundo algúns heraldistas, lles foron concedidas cando o conde Rodrigo Veloso casou coa condesa de Alambert, de sangue real francesa). Meu bisavó foi un indiano que fixo fortuna coa cana de zucre en Porto Rico, así que algo me fai supor que estas propiedades pasaron ás súas mans non por rancio abolengo... lástima de glamour!
Síntome pouleira por parte de avoa paterna, e iso marca!
Fermoso fogar. Amais que tradicional, e coma ti ben comentas, semella un importante achado histórico!. As súas pétreas inscricións son tan verdadeiramente reais como suxerentes. Sempre é reconfortante voltar ás nosas raíces. Ás veces os lugares, ó igual que a música, traen recordos que fartan a nosa lembranza e que nos fan recordar vivencias que tiñamos esquecidas. Noraboa pola entrada. Saúde, companheira!
ResponderEliminarNon hai dúbida; non podemos sair ó mundo sen ter ben suxeitas as raigames, porque corremos o perigo de nos perder no camiño.
Eliminarsaúde meu! véxote na rede!