luns, 21 de xaneiro de 2013

Aniversario de navegacruz


A vosa Navegacruz  está de aniversario: xa ten tres aniños!
Non vou dicir que o tempo fugit, porque estades de volta diso. So quixera brindar con vós, meus compañeiros de viaxe na vida, todos vos, os que compartides comigo vagón e os que me agardades no andén. Agradecida pola vosa compaña, pídovos que brindemos e tiremos xuntos as copas de cristal pola fiestra, e que a resaca non nos prive de seguir sorrindo pola mañá!
 Apertas a tod@s!

1 comentario:

  1. Parabéns, compañeira Navegacruz!. Resulta perfecto o xeito de engalanar unha luxosa botelliña de Moet Chandon cun pano de encaixe camariñán. Fermosa foto!.

    Polo demais so me resta desexarche moita saúde e viaxes de cara a este ano que escomeza. Boa sorte pois!.

    Unha aperta!

    ResponderEliminar