O QUE ELA DICÍA.
Antes ría con el
todas as noites,
as lentas ondas batían
as súas extensas costas
e a palmeira
daba flores coma garzas
xunto á auga.
os meus ollos era como flores de loto,
os meus brazos tiñan a graza do bambú
a miña fronte confundíase coa lúa.
Pero agora.
Deste poeta indio pouco sabemos. Foi un poeta da corte Tamil que viviu no século III antes de Cristo.Os seus versos resultan sorprendentes pola plasticidade e a concreción. Abrín un libro de poemas ó azar, ó lado dun andel da biblioteca e atopei este poema que quero compartir con vós.
luns, 16 de xuño de 2014
luns, 2 de xuño de 2014
ROMA, VULNERASTI COR MEUM
Un
nunca sabe se vai voltar a Roma, pero iso non importa, porque a Cidade está en
nós, está no noso sangue mestizo de colonos e vencidos; levamos a Roma en cada
verba, en cada pedra dos camiños, eses que sempre levan a Ela. A Urbs é a cidade aberta no noso imaxinario de
Provincia latina.
Dúas veces pisei a Cidade eterna, e as dúas
sen pensar. Era Roma, na deslumbrante luz dourada e morna dun mediodía de xaneiro,
atravesando as cortinas ata a cama art decó dun hotel da longa vía Cavour. Roma tiraba por nós para percorrela sen
descanso, ávidos de ver cada rúa, cada fonte, cada inscrición. De Norte a Sur
as rúas sucedíanse cruzadas de calexas estreitas, de predios que lembraban as insulae dos antigos, e os nosos pés
sentían o latexo dos vellos augures soterrados nos templos en ruina. A noite
apreixounos na columna Traxana. Subidos na baranda ficamos mirando o monumento
con extrañeza. Xa facía frío e seguimos
camiñando…
Pola mañá, na
Ponte de San Angelo, as estatuas cruzaban olladas baleiras que me estarrecían,
el paseaba despistado contracorrente mentres todos parecían ir con presa. O
Tévere tiña unha curiosa cor gris, como a cinza que deixa o paso do tempo por
este mundo. Así o Circo Máximo parecía un fochanco pantasmal cando a noite o
cubriu de escuridade. Ecoaban os berros dos miles de espectadores das carreiras
de quadrigas no meu maxín, e case tiven medo. Apenas había luz naquel espazo, e
sentín que de detrás de calquera árbore ía sair unha sombra asaltante. Revivín
o espíritu da Roma tabernaria, suxa, perigosa, pero tamén gloriosa e
fermosísima no Foro, onde roubei laurel, para que Xúpiter alonxe tronadas e
Apolo coroe os teus versos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)