Litha é para min máis que a noite máis longa do ano, o
solsticio de verán... os días a medrar e mil sortilexios. Fume,
sardiñas, festa... San Xoán!
Dende tempos esquecidos, toda
civilización celebrou a festa da vida, o triunfo da luz sobre as tebras,
e hoxe seguimos festexando o latexo vital do planeta, a voltas,
bailando no universo mentres nós danzamos alleos a todo cientifismo,
botando herbas aromáticas na auga e cuspindo no lume para alonxar a
maligna influencia das meigas.martes, 23 de xuño de 2015
Litha ou san Xoán
xoves, 21 de maio de 2015
María do Carme Kruckenberg na memoria
Admiro a poesía de María do Carme Kruckenberg dende hai tempo. Admiraba a súa imaxe de muller resolta e de mundo, que superaba a imaxe da poeta etérea e espiritual a que estamos acostumados. Muller de carácter, viaxeira impenitente alén mar, parecía imposible imaxinar que por ela pasaba o tempo; a súa contemporaneidade era para min a proba de que existen persoas con selo de modernidade permanente. Esa que nunca pasa de moda. A poesía de María do Carme, fascinante, natural, sen forzar imaxes, provoca no lector a inmediata anagnórise que supón recoñecerse no sentir, pero tamén na palabra directa que acerta de pleno no pensamento. Dende a crítica social, de A sombra ergueita, ata a máis intimista de Poemas sen resposta, a autora bate no esencial. Remexe na nosa conciencia coa mesma claridade que a luz da mañá. Con versos que, disfrazados de sinxeleza, agochan un conceptismo latente. Profundos pensamentos que quedan esvaecidos detrás das liñas.
"Dóenme os cravos do tempo
día e noite
porque xa me inventaches,
e a min crávanseme
esas horas que se perden
cando non te sinto"
Amiga da elite intelectual da xeración do 27, de artistas varios, como Buero Vallejo ou Carlos Barral, devoradora de paisaxes dende a Arxentina ao Caurel de Novoneyra, amante da liberdade como eixo vital, e escritora vocacional, na década dos 80, a autora reinvéntase, "inventa o amor e a vida para non morrer", e recupera a herdanza da lírica medieval galega en obras como Cantigas para un tempo esquecido.
Desa obra escollín este fragmento para que disfrutedes dos versos desta muller libérrima:
MEU amor, meu amante, meu amigo
Quero compartir contigo o feitizo
e tremelar polas follas verdecidas
da túa mirada no río.
E do medievo pasando por diferentes etapas, María do Carme Kruckenberg, achegounos ata o século XX, ao mundo do Jazz, en poemas adicados a grandes músicos como "Louis Amstrong na invisibilidade da noite"; esta muller incríbel percorreu temáticas, tempos e tendencias para non deixar impasible ao lector.
E percorrendo todo o mundo de cando en vez voltaba a Galicia, ao seu Vigo natal, para retomar forzar e voar. Así queda patente o seu amor á Terra, en versos de permanencia sentida coma esta declaración,
"Todo o meu ser está ligado á Terra, / sábeme a Terra todo na memoria, /
Terra o camiño, Terra a miña historia, / Terra esta voz que no deserto berra."
Foise un día de maio. Na primavera galega.
"Amo a vida a morrer". Así permanece na nosa memoria.
(Recomendo a biografía elaborada por Mercedes Queixas Zas, intitulada Vivir, unha aventura irrepetíbel, coa que me sorprendín e disfrutei coñecendo máis fondamente a María do Carme Kruckenberg).
venres, 16 de xaneiro de 2015
Carta de Brenda a José Luis Alvite no día do seu pasamento.
Querido José Luis:
Escríboche a vinte e
tantos anos de ti, cando xa pasaron máis de vinte anos daqueles cafés na mesiña redonda de mármore, aquela dende a que
se vía san Fiz de Solovio pola fiestra, na semioscuridade da sobremesa do
inverno. Ti eras un home misterioso, envolto nunha nube de fume, que lía
ou escribía notas nun caderno, e eu una
adolescente de quince anos, que curiosa revoloteaba ó teu redor, conversando de
todo o meu pequeno mundo e de todas as miñas grandes inquedanzas. Eras un gran
escoitador. Un xornalista tranquilo. Sabías facer a pregunta breve e agardar en
longos silencios unha resposta que ás veces enfiaba outra e outra desfacendo un
novelo infindo. Así en conversas tarde a
tarde fomos envolvendo unha extraña amizade, entre dous desiguais. Ocultabas a
ollada detrás das gafas. O rostro barbado e os dedos amarelos do cigarro constante,
xa parte de ti. Lémbraste? son a nena das monxas, aquela que che contaba os
pormenores cotiás dun internado anacrónico, con quen sorrías descubrindo divertidas
anécdotas, e con quen falabas de ti mesmo con poucas palabras e moita forza na
mirada, aquela mirada que se desdibuxaba entre tabaco e algunha bágoa, un
mínimo reflexo de nostalxia ou emoción, que nalgunhas ocasións se intuía.
Despois fíxenme
universitaria, empecei a vivir aventuras, outear o mundo novo que se abría para
min, con fame de vida e de liberdade, e desaparecemos.
Sete anos despois, sucedeu
o reencontro. Era unha tarde de setembro do 2001, ás catro da tarde na redacción
deserta dun xornal. O meu primeiro traballo. O meu primeiro día. Sentada soa
agardando que chegara alguén, e ese alguén fuches ti. Sentáchesme enfrente á túa mesa, e seguimos a nosa
amizade, coma sempre. As nosas conversas entre o fume do tabaco. Un cigarro nos
beizos, e un outro aceso no cinceiro.
Partimos xuntos, e
xuntos nos despediron os compañeiros. Despois daquela cea, os nosos camiños
volveron separarse.
Querido José Luis,
grazas por aquela carta de cumpleanos que temerosa recibín en forma de artigo
co nome da túa cantante favorita, Brenda Lee e que agora, próxima a data do meu aniversario, rememoro con emoción. Velaí vai o texto sin censura, non como saiu publicado nun xornal compostelán.
"CARTA DE CUMPLEAÑOS A UNA AMIGA"
Volveremos a vernos no Savoy, coma sempre, na mesiña redonda de mármore, con un café e un cigarro, mentres Chisco pasa ledo ó noso carón para buscar esa caricia perdida.
"CARTA DE CUMPLEAÑOS A UNA AMIGA"
"Querida Cruz Concheiro:
Soy el tipo triste y soñador que se sienta a veintitantos años de tu mesa, mientras mira como posas sobre el lomo de “Chisco” el echarpe de tus manos. Me he enterado de que cumples dieciséis años y que pesaste casi cuatro quilos al nacer, que es lo que pesan los espeluznantes abuelos somalíes al morir; sé también que eres una chica de letras, y llevas en tus ojos la literaria tristeza de una de esas escasas mujeres que sólo se dan en los invernaderos de los poetas.
Te he dejado un ramillete de letras en esta mesa, a veintitantos años de ti. ¡Mis manos han tocado tantas calamidades! podría escribirlas sobre la lápida de mis pulmones de cuarzo. Me fascina cuando miras al infinito con los ojos en falleba; es la mirada transparente por la que puedo leer una vida de folio y medio, y alegrarme de que haya gente así, y que en la mesita del café se siente una muchacha en cuyo aliento, se podría cosechar avena. Reconforta saber que, cuando uno sale de lodo, y sacude la mierda con la cabeza, encuentra mujeres que no cortan el pan con el clítoris."
Soy el tipo triste y soñador que se sienta a veintitantos años de tu mesa, mientras mira como posas sobre el lomo de “Chisco” el echarpe de tus manos. Me he enterado de que cumples dieciséis años y que pesaste casi cuatro quilos al nacer, que es lo que pesan los espeluznantes abuelos somalíes al morir; sé también que eres una chica de letras, y llevas en tus ojos la literaria tristeza de una de esas escasas mujeres que sólo se dan en los invernaderos de los poetas.
Te he dejado un ramillete de letras en esta mesa, a veintitantos años de ti. ¡Mis manos han tocado tantas calamidades! podría escribirlas sobre la lápida de mis pulmones de cuarzo. Me fascina cuando miras al infinito con los ojos en falleba; es la mirada transparente por la que puedo leer una vida de folio y medio, y alegrarme de que haya gente así, y que en la mesita del café se siente una muchacha en cuyo aliento, se podría cosechar avena. Reconforta saber que, cuando uno sale de lodo, y sacude la mierda con la cabeza, encuentra mujeres que no cortan el pan con el clítoris."
Volveremos a vernos no Savoy, coma sempre, na mesiña redonda de mármore, con un café e un cigarro, mentres Chisco pasa ledo ó noso carón para buscar esa caricia perdida.
Ata sempre, José Luis,
Brenda
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)