martes, 23 de xuño de 2015

Litha ou san Xoán


  Litha é para min máis que a noite máis longa do ano, o solsticio de verán... os días a medrar e mil sortilexios. Fume, sardiñas, festa... San Xoán!
 Dende tempos esquecidos, toda civilización celebrou a festa da vida, o triunfo da luz sobre as tebras, e hoxe seguimos festexando o latexo vital do planeta, a voltas, bailando no universo mentres nós danzamos alleos a todo cientifismo, botando herbas aromáticas na auga e cuspindo no lume para alonxar a maligna influencia das meigas.
  Hoxe festexo a Litha con máis forza, coa ledicia desbotada que provoca a paixón; coa gratitude por poder traspasar o lume novo da man dun san Xoán amoroso e ocultamente sentimental.


Ningún comentario:

Publicar un comentario