Litha é para min máis que a noite máis longa do ano, o
solsticio de verán... os días a medrar e mil sortilexios. Fume,
sardiñas, festa... San Xoán!
Dende tempos esquecidos, toda
civilización celebrou a festa da vida, o triunfo da luz sobre as tebras,
e hoxe seguimos festexando o latexo vital do planeta, a voltas,
bailando no universo mentres nós danzamos alleos a todo cientifismo,
botando herbas aromáticas na auga e cuspindo no lume para alonxar a
maligna influencia das meigas.