martes, 5 de abril de 2011

Iacobus


Semella ás veces que navegar nunha lancha de pedra non da para unha longa singladura, mais non ten por que ir a barca a pique cando cremos na física. Sorprendida quedei, vendo flotar tal embarcación, co Xacobe de pálpebras pechadas para non ollar a miña expresión abraiada. Este Santiaguiño de pedra aboia entre a tenrura inocente da fe e o descreimento das moedas enferruxadas.

1 comentario:

  1. Esta figura atópase na Finca Galea, en Alfoz. Non moi lonxe, pasa o Camiño Norte de peregrinación a Santiago, que entra en Galicia por Ribadeo. Menos coñecido que o Francés, pero moi pintoresco. Roteiro que aconsello malia subida de Mondoñedo cara Abadín.

    ResponderEliminar