venres, 7 de outubro de 2011

Navegamos no Sil


A vosa Navegacruz navega río arriba, do Miño ourensán ó río Sil, xa na fronteira coa Meseta. Sí, benqueridos, aquí varou a miña nave, noutro Barco sen Mar, no de Valderorras. Agora hei de bogar con forza e precaución noutras augas que descoñezo, pero xa me vou facendo con elas, remando con xeito, coma sempre nestes casos. Ondas de paisaxes, océanos de taninos e unha nova cor para os meus ollos; a cor do outono dourado reflectido nas montañas das serras que circundan a vila da pizarra e da viña. Con vos dende Valdeorras!

1 comentario:

  1. Terras bravas, entre dous mundos, León e Galiza, onde so os fortes e valerosos, saen adiante.
    Nos somos fortes e valerosos, e por iso saidos adiante. Saude e longa vida!!!

    ResponderEliminar