domingo, 1 de xaneiro de 2012
Benvido 2012!
Cantos tedes resaca hoxe? A Noitevella foi unha xornada de contrastes para a navegadora: pola tarde nun enterro e de noite brindando pola vida e por cen esperanzas que se poñen no ano novo. Agardamos que a estrea anual nos traia a renovación e unha choiva de momentos felices, pero no fondo sabemos que a loita continúa, que non haberá que descoidarse e que precisamos todo o apoio da nosa xentiña para cumplir eses desexos que pensamos antes das uvas. Apertas a todos, que estades nas miñas preces para anonovo.
A nota chic da noite: un cóctel de cava, pétalos de rosa e unha flor de hibiscus. Nin se me subiu o cava nin me deitei ó amencer; estou perdendo facultades...
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Saude e bo ano... A loita continua.
ResponderEliminarPara serche sincero, o meu fin e comezo de ano tamén estivo cheo de contrastes..., unha aperta e próspero aninovo!
ResponderEliminar