xoves, 19 de xaneiro de 2012

Para os amig@s


Non será esta a foto máis fermosa do blogue, pero é unha das máis queridas para min. Esta é a miña homenaxe ós amigos que compartiron comigo o tempo, as risas e o traballo. Vós que fixestes de irmáns na lonxanía do fogar, estaredes sempre no corazón.
Estas verbas son para dar grazas a todos. Cada quen sabe cántos contos rimos xuntos. E cada un sabe que sempre estou.
En calquera momento da miña vida sumei unha man amiga. Quén me dera non deixar nunca de sentir o calor que me dades! Ata pronto compañeiros!

1 comentario:

  1. Grazas a ti por compartir as inquedanzas, temores e desvelos... que coa tua presenza lograbas o que outros facían a berros... e sobre todo por formar parte da familia e facernos sentir da mesma. Na foto hai un pouco de todos os que compartimos esos bos momentos e os menos, os malos.
    Grazas por vivir e por estar aí!!!!

    ResponderEliminar