domingo, 25 de marzo de 2012

Dies irae


Estes días, e dende os Idus de marzo, ben sexa porque é o mes de Marte, ben sexa porque unha tamén se cansa de aturar, de ler nos xornais a palabra "crise" na boca da indesexable clase política, amén de certa necesidade combativa que levo dentro, o caso é que estou contestaria. O corpo pide rebelión, e a realidade circundante precisa dunha sacudida que faga reaccionar este noso mundo que xa non pode crer en nada. Os ladróns, os corruptos, as reformas laborais, a voracidade da economía neoliberal e o teito de cristal que se impón á muller. Sumo e sigo: a nova lei do aborto, feita por homes que non deixan decidir á muller sobre o seu propio corpo; a fenda entre clases sociais que medra día a día... Resúltame fácil enlearme en discusións e ata me sinto muller en conciencia. Por todas as mulleres que loitaron contra a invisibilidade feminina, hoxe digo "basta!" Eu non quero un mundo así.

1 comentario:

  1. Botella de cristal, papel de aluminio, líquido inflamable e unha tira de tela...
    Se o estado te queima, queima ao estado!!

    ResponderEliminar