xoves, 4 de outubro de 2012
Outono entre as risadas dos castiñeiros
Optimista. Leda.
Este outono hai outras cores. Inda parece que o verán está loitando por deixar unha estela de luz ó mediodía. Fai frío pola mañá pero unha dozura morna acompaña o xantar. Percorrendo as mil e unha pistas da comarca arzuana cara o cerne de Galicia, empezan a sorrir os ourizos dos castiñeiros ó meu paso. Hai algo no ambiente que me fai rexuvenecer; sinto coma se retrocedese no tempo e o meu corazón estivese anovado no aire fresco, entre as néboas matinais, ó ritmo trepidante da vida.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario