martes, 20 de abril de 2010

merlín e familia



Meu dito meu feito. Ó regreso da viaxe mindoniense, prometín que volvería a ler aquel libro que levaba tantos anos durmindo no anaquel da biblioteca familiar e atopeime de novo con Dona Ginebra e o fiel Felipe de Amancia, que me agardaban como tantos herois da materia de Bretaña, alá no seu pazo de Miranda para recebirme con tanto cumprimento como merecen as donas que onda Merlín van buscar remedia amoris ou toda clase de solucións para asuntos máis mundanos. Obra fundacional da narrativa fantástica de Cunqueiro, estou a disfrutar de veras con estas páxinas cheas de palabras encantadas.

1 comentario:

  1. E quén non disfruta con esas páxinas encantadas de Merlín. Dixome Cunqueiro que lle gustaban moito as historias do Far West e entón preguntouse: ¿qué pasaría se puxera a falar a este vaqueiros e indios en galego? Pasou que cando traducen ós mitos e ós heroes á nosa realidade inbmediata, sen artificios, desequida dscubres quén é cada quén, quén actúa e quén ama....

    ResponderEliminar