martes, 22 de xuño de 2010

As gaivotas


As compañeiras inevitables de todo residente costeiro son estas aves non sempre de fiar: sospeitosas sempre de achegarse máis da conta con intencións avesas. O seu nome en latín é "Larus ridibundus", apelativo este referente ó seu característico grallo, que lembra unha risa un pouco maléfica. En todas as linguas indoeuropeas achegadas a nos alúdese a esta acepción: en catalán chámase "gavina riallera", en francés "movette rieuse", en inglés "laughing gull", en alemán "lachmöwe", pero en galego é... "gaivota chorona": será que os galegos resaltamos con frecuencia o negativo? A verdade é que a min tampouco que parece que rían, quizais o fagan amargamente.

1 comentario:

  1. Pois xa sabes máis latín e indoeuropeo que eu! Iso da reencarnación de Cicerón vai ser certo!
    Arriba ese ánimo!

    ResponderEliminar