Chegou o verán
Hoxe 21 de xuño, podemos dicir que chegou o verán. O sol brilla no ceo e unha brisa do Norte indica que non choverá nos próximos días. a Mariña parece espertar.A praia de Llas non presentará este aspecto tan solitario esta semana nin nos meses de estío, pero para os que foxen da aglomeración da praia da vila focega, é unha porta máis salvaxe aberta ó mar aberto. Sen dúbida, a miña preferida.
Ningún comentario:
Publicar un comentario