domingo, 15 de maio de 2011
Na fonte do pazo
Na saudade da túa noite
a lúa quedou valdeira
polos camiños da fonte,
meu amigo.
M. Carmen Kruckenberg
Esta é a fonte do pazo de Trasalba, onde escapei nunha tarde de calmizo desas que sabe Ourense.
Aquí vai un anaquiño da novela O señorito da Reboraina, para lembrar a Don Ramón Otero Pedrayo, que tan boas tardes debeu pasar nese xardín, no que me sentín camelia na caída da tarde.
"-Ai! e como o meu principiño galán atinou con esta noite?
-Alumeaban as túas trenzas, co seu lucir de estrelas...
-Veu para rirse da pobre laberquiña do rueiro e do esterco!
-Viñen para xurarche amor, e levarte á vila para vivir coma unha fidalga.
-Asús! Meu señor! O meu corpo só está afeito ó cosco dos xergóns da aldea...
-Ímolo facer ruxir outravolta, miña papoíña...
-A miña lingua non sabe pronunciar as palabras das donas e das costureiras...
-Dime outra palabriña ben celmosa, que esa lingua é a rica froita do pomar del rei...
(...)
-Ha de voltar ós camiños e ós pazos onde manxa requeixón e azucre, e adurmiña en finos liños...
...unhas veces figúrame un rapaciño, outras un anxo, algunhas un demo o que está no meu leito...
-...e non me chames anxo, que carezo de gromos de ás nos hombreiros, nin me alcumes de rei, pois non teño coroa como non sexa a do teu amor. Anda, fálame por bicos e arrolos..."
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Tan genial coma sempre eh? Encántame, encántame!
ResponderEliminarPásate polo meu blog (fíxenme un novo), e xa me diras que te parece!
Un bico!
http://idontmindfallingintomadness.blogspot.com/
Moitas grazas pola visita a un dos meus blogues "Camelia branca do ar"... E tamén polas túas palabras...
ResponderEliminarO teu blogue "navegacruz" gústame moito e tamén penso que está feito com moi bo gusto...
Voltarei...
Bicos!