martes, 4 de maio de 2010

Sargadelos, arte e artesanía


Sentindo que hai gustos para todo, non vou avogar por Sargadelos afirmando que é a mellor porcelana do mundo, mais é innegable que o deseño da última etapa, xa con Seoane e Díaz Pardo, é único no panorama nacional e internacional; e a pesares dos intentos de outras fábricas, é inimitable; non hai máis que ver as imitacións de firmas como Lladró ou Galos. A resposta é ben sinxela: non é só a forma senon tamén as IDEAS. Esta cerámica ten ALMA. Cada peza ten un senso e un por qué. Non se deixa nada ó azar, senón que cada figura, cada gravado ou cada pintura nun prato, está inspirada na Historia de Galiza, nas mostras de arte que existen desde a cultura castrexa, a etapa medieval e ata as galerías da Marina da Coruña, (unha vaixela reproduce esas vidreiras) ou no cine galego (remítovos á unha das últimas creacións da fábrica que é "Mamasunción", homenaxe ó curto de Chano Piñeiro sobre o drama da emigración). Podedes consultar as últimas liñas de creación na páxina de . Estarei sempre prendada desta illa creativa que inda podemos atopar na nosa terra.

1 comentario:

  1. Unha apostilla ó meu artigo de hoxe: A foto é da revista ELLE DECÓ FRANCE, onde hai unha ampla reportaxe de Sargadelos e a indicación de que se pon á venda en Paris en Le Bon Marché Rive Gauche a colección Portomarínica, (blanca e cuadriculada, inspirada no pórtico da igrexa de Portomarín, en Lugo); ademáis poderá adquirirse en Nova York e Xapón.Se algún día viaxo alá sentireime coma na casa!

    ResponderEliminar