luns, 10 de maio de 2010

Casamento en Salamanca


Esta fin de semana foi vertixinosa: Desde Foz a Trastámara o venres: peluquería e estecienne. De Trastámara ata Salamanca o sábado e de regreso a Galicia o domingo para poñer rumbo a Foz ás 6.30 da mañá. Todo isto sen apenas ir á cama; pero síntome orgullosa de ter deixado o pavillón galego ben alto en Salamanca, e disfrutar da noite e da compañía ata o amencer. Divertinme moito e estou superando o sono a base de cafés; nunca me arrepinto de trasnoitar. Valoro a amistade como un dos mellores agasallos que che pode dar a vida, e síntome emocionada de poder compartir coa miña amiga un dos momentos máis importantes da súa vida. Salamanca é para min unha cidade marabillosa. Esta era a cuarta vez que a visito e sigo sorprendéndome das súas rúas. Teño ganas de voltar con tempo para pasear tranquilamente e sen choiva.

1 comentario:

  1. Sin dúbida, Salamanca é preciosa, anque nos ultimos tempos, por desgracia, tieven que ir moitas más veces e máis atropeladamente do que eu quixera.
    Eso sí, non esquezades que "quod natura no dat, Salamantica non praestat"
    Unha aperta

    ResponderEliminar