
"Malpica de Bergantiños, o rei te quixo vender... para comprar a Malpica, moitos cartos hai que ter".
Aquí estiven o fin de semana pasado, navegando do porto de Foz ó de Malpica: nunha xornada, dous mares. Malpica é o meu Finisterrae desde sempre. Esta vila mariñeira, en plena Costa da Morte é un istmo entre praia e porto. A praia de Area Maior soe estar ateigada de xente nas fins de semana estivais, pero a outra tarde "estabamos sós, o mar, o barco e máis nos". É unha vila valente, que desafía ó Atlán

Encontro un pouco cambiada a paisaxe: algúns edificios novos, algunha casa menos; falta A Roda, pero segue O Cornecho, e algunha variante máis hosteleira: o Isidoro xa non se chama así, pero o Burato segue no mesmo calexón sobre o porto. Hai un monumento xunto ó bar O Pescador que representa unha balea de bronce, e está adicada ós lobos de

Penso que nunca o dixen pero só fun unha vez a Malpica de pequeniña a tomar un café coa miña familia nunha terraza mirando o mar, mira se era pequena que pensaba que as gaivotas eran patos! Aí notouse que era de terra adentro.
ResponderEliminar