xoves, 30 de setembro de 2010

O mundo nunca é suficiente


Durante as festas do Apóstolo 2009, puidemos ver esta curiosa imaxe tomada no Pazo de Fonseca, sede da Universidade compostelana. É tan suxestiva como inédita, e hoxe, revisando o meu arquivo, pensei que esta podía ser a alegoría do que supón en ocasións a nosa vida, tan pesada e complexa, con tanto en que pensar que ás veces parece que todo o peso do mundo estivera enriba dun, como a Terra sobre Atlas. Pero o que non se ve, é precisamente a imaxe positiva que puiden admirar en directo: o mundo era un globo xigante e luminoso que saiu voando na noite máxica de Santiago. Eis como todo é relativo: a carga sobre Fonseca era ficticia. As nosas dificultades son efímeras. Deixemos voar os nosos pensamentos!
(Graciñas a Luz Infinda pola súa aportación gráfica, pola torta de Mondoñedo e por estar sempre ahí, tan cerca).

1 comentario:

  1. Graciñas a navegacruz por todos os bos momentos que fai pasar a xente que a rodeamos! Todo é máis doado cun pouco de tranquilidade, porque a tranquilidade sempre é unha boa nova ben recibida! Un biquiño

    ResponderEliminar