martes, 3 de maio de 2011

Rias Altas de Castrelo do Miño



A diferenza entre as dúas imaxes é de 5o anos.
Estiven en Castrelo do Miño nunha tarde de abril, de balnearios e leceres, e achei unha paisaxe case marítima pola extensión do río. Bauticeina para contra min como as Rías Altas de Ourense. Contáronme que onde hoxe se practican deportes acuáticos e se pasea coma pola beira do mar de Sada, houbo unha vila asolagada pola economía e a famosa moda dos encoros franquistas. Pero a xente que viviu o drama non se entregou sen máis; nos anos sesenta, eles foron os primeiros en mobilizarse contra a construcción dun encoro. O seu motín, que comenzou coa "rebelión dos fouciños" das mulleres, quedou na memoria colectiva. Como tantas revoltas, apagouse sen explicacións. Hoxe queda a testemuña calada da igrexa reconstruida no outeiro.


"Castrelo do Miño significou dentro da loita mantida desde hai moitos anos polo pobo galego -sempre ofendido e asoballado- contra a invasión bárbara que supuxeron -e aínda supoñen- os encoros. E porque en Castrelo de Miño, pese á ira e á oposición das súas xentes, e de todos cantos estiveron ó seu lado, morreron moitas cousas. Claro que tamén naceu o "non", rotundo e unánime, contra o medo e o silencio impostos polos caciques e os torturadores franquistas".

Morrer en Castrelo do Miño, Xosé Fernández Ferreiro.

A páxina web do Clube Náutico de Castrelo anuncia:

O THAMES ROWING CLUB ELIXIU CASTRELO DE MIÑO PARA A SÚA CONCENTRACIÓN DE SEMANA SANTA

Qué ideal!

Antes de deixar Castrelo do Miño, despedínme cunha ollada longa dos mortos daquel verán, dos paseados que no 36 foron tirados ó río coma despoxos defenestrados do odio e da senrazón nos cantís do Miño, nas escuras pozas nas que os verdugos dos soños afunden as ilusións.

3 comentarios:

  1. Fermoso lugar, Castrelo de Miño. A "famosa moda dos encoros" da que tí falas tróuxome á lembranza un fermoso tema de Fuxan os Ventos que dí así:

    Primeiro Portomarín,
    logo Castrelo do Miño.
    ¡Dispois tocoulle As Encrobas
    sufrir parello destiño!
    Raposos capitalistas
    que non deixan un torrón,
    sementan todo de lixo,
    porcallada e polución.
    [...]
    As terras son dos labregos
    dende tempo inmemorial
    mais agora, sin razón,
    rouballas o capital.

    Boa viaxe, companheira!

    ResponderEliminar
  2. Cruz, te felicito por este delicioso espacio. Como hablamos algún día, el Miño está lleno de sensaciones,... Veo que tú te has encontrado con ellas y con su memoria. Me ha emocionado especialmente esta entrada por algo que te contaré personalmente en un café ... que, mea culpa, aún no hemos llegado a tomar. Sigo insistiendo en una comida de fin de curso en las termas ... Ahora aún más. Bicos. Avelina.

    ResponderEliminar
  3. Vaia, non se publicou á primeira. Felicítote por este delicioso espazo. Efectivamente, o Miño é un lugar cheo de sensacións, memoria, voces, ... Alí quedamos para celebrar ese xantar en Outariz, previo baño nas termas. Contareiche algo do Castrelo de Miño e da rebelión dos fouciños.

    ResponderEliminar