domingo, 5 de xuño de 2011

O "Caudillo" en Ourense


No Concello de Vilar de Barrio, perto de Molgas, está o Caudillo. Ben, a súa Excremencia non está nin se lle espera, máis durante unha época non vivida por min, a súa presenza si estivo ben patente na vida de todos os que tedes máis de corenta aniños. Así, nun lugar tan afastado e solitario coma iste, e no alto do monte que hoxe chaman "Caudillo" agardouse sine die a visita do Idem que nunca chegou. Alí lle fixeron este refuxio de caza por si o Xeneralísimo se quería divertir cazando por las bellas montañas orensanas algún cervo, xabarín, perdiz ou o que lle puxeran diante. Pois daqueles tempos nos que se lle botaba a caza ou lla abatían aplaudíndolle a pericia coa escopeta ou coa cana de pescar salmóns ad hoc, quedan vestixios coma este. Agora é un albergue xuvenil no que aquela tarde só se escoitaba o vento.

1 comentario:

  1. Jajaja Moi bo o da súa excremencia... nunca oira este apelativo tan plástico. Eu tiña oito anos cando o da morte do dictador e so lembro que vivín o evento dun xeito absolutamente festivo porque estivemos unha semana sen clase; a noite do seu óbito houbo unha película de guerra que me gustara moito, Obxectivo Birmania... Esas son as miñas sensacións daquela.

    ResponderEliminar