martes, 25 de maio de 2010

De San Cibrao a Burela: a Rueta e a Marosa


Cóntovos que a semana pasada estiven recorrendo a costa entre San Cibrao e Burela pola estrada antiga, a que vai pegada ó mar, e descubrín un recuncho na desembocadura do río Xunco que lle chaman a praia Rueta e que está moi oculta da vista porque hai que baixar andando 50m. por un camiño asfaltado ata a area. É unha praia moi recollida que apenas ten oleaxe, porque o mar entra calmo nunha pequena bahía. Chamoume a atención que haxa duchas, unha fonte e uns bancos en semellante miniatura de praia, o que considero nestes tempos un derroche económico inútil e degradante desta paisaxe que apenas acolle unha ducia de persoas. A seguinte praia é a Marosa, praia colonizada polos de Burela, moi bonita e limpa, pero co feísmo dun cutre-estadio de fútbol ó seu carón. A praia ten un aparcadoiro e están facendo obras. Non quero nin saber para qué.

2 comentarios:

  1. viches Rueta...pero hai máis,e máis recollidas e solitarias,sen destragos,só a natureza as percorre.
    un bico!

    ResponderEliminar
  2. estas si que son praias!
    e as que che quedan por descubir!
    un bico ;)

    ResponderEliminar