
Ferreira e Alfoz distan 3 kms, por iso nun mesmo paseo visitei as dúas vilas. De Alfoz xa vos teño falado, pero Ferreira chamoume a atención por ser un pobo urbanisticamente máis concentrado e con sabor antigo, un pouco finisecular, con edificios de pedra, balcóns e galerías que falan dun pasado florecente e dun "presente histórico". O río Ouro percorre a vila, aínda pequeno, antes de baixar cara Alfoz. A tarde presentábase tranquila: Dúas monxiñas con un radiocedé baixaron dun coche para entrar nun convento-residencia; un can palleirán quedouse mirando ó pasar pola beirarrúa, e un silencio absoluto, de pobo de interior en día domingo, era a tónica desta visita. E falando de tónica, fun tomar unha á terraza do hotel Vila do Val, que está na prazaonde se fai a feira, e é un edificio restaurado que ocupa tres fachadas: antigo por diante e de deseño moderno pola parte traseira, onde está a terraza que da ó río, no que vin tres troitas pequeniñas, quedas na corrente, sobre o dourado fondo do Ouro. Gustoume o hotel pola súa decoración cun aire sinxelo e señorial a un tempo, e a súa colección de porcelana de Sargadelos antiga que mostran na recepción. Moi agradable, e como se di agora: "con encanto". Noutra ocasión que estiven en Ferreira fun a unha viñoteca chamada Asturias, que me gustou moito, moderna, e cunha variedade máis que aceptable de Riojas. Enfrente hai unha confitaría que se cansa de vender roscóns. Esto coméntoo por se hai algún larpeiro entre vos.
Noutra orde de cousas, Ferreira é unha zona de asentamento castrexo, destacando o Castro d'Ouro, Santa Cilla ou Santa Cruz. Hoxe en día esos lugares repoboáronse

Unha última curiosidade: en 1894, a raíña rexente María Cristina, otorgoulle o título de "villa".
Este enlace móstravos a etapa indiana da vila:
http://elvalledeoro.blogspot.com/2007_08_01_archive.html
Ante todo é unha formdable sorpresa atopar un espazo virtual que ten unha liña semellante ó meu. Noraboa e grazas por pasar pola Fraga. Seguirei de preto este navío de Trastámara para coñecer mellor esas paraxes míticas que, coma toxos, temos a mansalva. Un pracer.
ResponderEliminar