mércores, 19 de maio de 2010

Schopenhauer na Rapadoira

O luns á tarde aproveitando o anticiclón baixei á praia da Rapadoira en Foz, para sentarme un pouco ó sol e levei comigo A Metafísica do amor, de Schopenhauer. Dúas cousas me quedaron claras:
1. A Natureza embauca ó individuo , que ve, iluso, na súa propia ventura o que en realidade é o ben da especie. Ou sexa: o amor é só "o xenio da especie que se aproveita da satisfacción dese desexo". Xa non creo no amor.

2. Xa non estou en idade de merecer.
De qué ven isto: pois segundo o filósofo, os homes só dan preferencia ás mulleres comprendidas entre os 18 e os 28 anos, por cuestións fisiolóxicas: "la juventud sin belleza tiene siempre atractivo; ya no lo tiene la hermosura sin juventud"
ai! qué pena! só me quedaba seguir lendo, por se atopaba algún elemento de ánimo para continuar... aliviome saber que a segunda consideración (a saúde) e a terceira (el esqueleto) permítenme continuar na loita, grazas a Deus, non teño "una conformación defectuosa ni un talle desviado"!!
O mellor do conto é que "a beleza da cara non se toma en consideración" así me explico eu ese refrán de "la suerte de la fea, la guapa la desea".
Por último, tamén me deixou claro que na muller non é perdoable o adulterio e que o home ten a necesidade de ir na busca de outras mulleres, así como que á muller non lle importa estar con un necio, prefire a un tipo "cachas" que non ten cerebro, porque a intelixencia xa a pon ela. ( Ai Señor!!!!! inda por riba aturar a un parvo!!!).
Este Schopenhauer acabou con lustros de lírica na miña cabeza. Paxariños, que diría meu pai.
"O espírito da especie é o único que dunha soa mirada pode ver qué valor teñen os amantes para el e cómo lle poden servir para os seus fins" Qué triste non?
Quédome con unha cita que fai de Shakespeare "Who ever lov'd, that lov'd not art firsts sight? (Ten amado quen non amou á primeira vista?)

3 comentarios:

  1. Hola Cruz:
    Non estou de acordo co comentario de:
    "Xa non estou en idade de merecer."

    Non debes de mirar a idade que pon o plástico de DNI, senón a idade coa que te encontras metalmente. ¿Esa descoñezoa? Pero a de apariencia e menor de 28 seguro.
    Un saúdo e a divertirse vinteañera.

    ResponderEliminar
  2. Ola Navegacruz! :)

    (Off the topic):
    Acabo de botarlle agora unha ollada MOI panorámica ao teu blog, e parece que ten boa pinta. Vexo que non perdes o tempo visitando eses sitios encantadores que están preto de esa fermosa vila na que agora resides.

    (On the topic):

    Carallo! Schopenhauer para comezar a comentar o teu blog, e por si fora pouco nin máis nin menos que "A metafísica do amor". Teño que dicir desta obra que trata dun tema apasionante, tan apasionante, que vou cambiar de tema para non chorar, hehehe.

    (Off the topic again): "Mediana edad, viuda y rica", home, eu penso que a esperanza de vida ronda agora os noventa anos, aproximadamente, así que aínda che faltan dous ou tres para os corenta e cinco ;)

    (On the topic):
    1. A Natureza embauca ó individuo...todo é relativo, depende do individuo. Iso sí, para mín non existe a eternidade nin para o amor nin para a felicidade.

    2. Os homes dan prioridade ás mulleres con idades comprendidas entre os 18 e os 28 anos...depende de que homes. Os cregos consideranse homes e moitos deles teñen a franxa de idade máis baixa e decantanse máis polos varóns, aínda que non se poden casar con eles porque matrimonio só hai un.

    3. O amor perfecto está na bioloxía sintética. O outro día clonaron un touro, e agora lograron crear unha célula artificial. ¿Haberá algo máis fermoso que un amor manipulado xenéticamente?

    4. A resposta á pregunta do punto 3 é: haino, e esa fermosura é a liga que gañou o Depor o 19 de maio de 2000.

    5. Bravo, non comento nada no "Patodelapocalipsis" e aquí si. Se algún membro da proxenie se decata vaime enviar dereito á papeleira de reciclaxe.

    e 6. Para máis INRI tiña que seguir estudando un pouco máis, para converterme en funcionario e despois ser expulsado mediante recortes estilo Grecia.

    ResponderEliminar
  3. WTF!!! "Tu comentario será visible tras la aprobación".

    Miña nai querida! Isto non pasaba nin na época de Franco. Vas máis aló da censura. Semella que para facer un comentario no teu blog hai que pedirlle á raíña o Royal Assent.

    :)

    ResponderEliminar